Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
ENXEBRE SWING FESTIVAL
[Cultura] - TIPO: Música
LUGAR: Casa Rural Videira
O evento terá lugar do 21 ao 23 de abril na Casa Videira de Bueu
Do 21 ao 23 de abril volve o Enxebre Swing Festival a Bueu. Seis horas de clases de lindy hop, dúas festas con banda, tasters de shag e balboa, competición J&J BiRol, cervexa artesanal, natureza, vila mariñeira, casa rural… e moitas sorpresas!

As clases e as festas desenvolveranse na Casa Videira de Bueu e os asistentes poderán aloxarse na casa rural ata agotar prazas, a través da inscrición ao festival.

Esta nova edición conta con 3 niveis de clases con Fosy e Andrea (Vitoria) e Sandra e Javi (Madrid). As dúas parellas son moito máis que profes de baile… ademais da súa experiencia como profesores e bailaríns, son ben coñecidos nas súas cidades e fóra delas por ser grandes dinamizadores da comunidade swing, e portadores do espíritu do lindy hop alá onde van.

Haberá 2 festas coa Vicus Swing Band, e coa selección musical dos mellores DJs de Swing On School, un taster de shag con Andrea e Jorge (Swing On School), un taster de balboa con Sandra e Javi (Minor Balboa), e un concurso J&J BiRol.

Un dos puntos fortes do festival, é o seu coidado pola selección de productos sostibles, e como non, enxebres. Por iso, quen coma e beba no recinto do festival poderá degustar productos típicos de Galicia. E como proba, este ano a cervexa do festival volverá a ser Vacaloura, unha cervexa producida artesanalmente no Val Miñor (Gz), feita a base de productos ecolóxicos, e que poderes desfrutar durante o festival a precios moi asequibles!

O festival está organizado por Swing On School, a primeira escola de bailes swing de Galicia, que comezaron a súa andaina en Bueu en 2012, e que leva máis de 4 anos compaxinando as clases de lindy hop e balboa coa organización de innumerables eventos, incluíndo festivais, fins de semana con profesores internacionais, festas, concertos, clandestinos e un sinfín de actividades.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029