Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Eventos en Bueu
Voltar
CURSO DE ESCRITURA TERAPÉUTICA EN ARGO NAVIS
[Cultura] - TIPO: Obradoiros
Cartel obradoiro escritura terapéutica
LUGAR: Sede Argo Navis
HORARIO: De 20.30 a 21.30 horas
PREZO: 15 euros
TELÉFONO: 886 125 816
O curso celebrarase en Argo Navis o 20 e 27 de abril e o 4 de maio entre as 20.30 e as 21.30 horas
A sede de Argo Navis será o local escollido para a celebración do Curso de Escritura Terapéutica que impartirá Andrea Pazos Boubeta. O curso terá lugar o 20 e 27 de abril e o 4 de maio, entre as 20.30 e as 21.30 horas. Durante estes días, os asistentes poderán escribir sobre as emocións, pensamentos, valores e sensacións. Calquera persoa pode sacar proveito, non é imprescindible ter grandes habilidades relacionadas coa escritura, tan só estar disposto/a a indagar un pouco na propia mente.

ANDREA PAZOS: Psicóloga no ámbito da psicoloxía clínica e da saúde. Traballa ata o momento con persoas maiores sas e tamén con demencia, ao tempo que fai terapia cos seus familiares. No ámbito privado, ten traballado con persoas mozas e adultas en situacións vitais moi diferentes. Unha parte importante do seu traballo está relacionada cos problemas e trastornos alimentarios e as dificultades de comunicación que entorpecen o noso día a día persoal e profesional.

As inscricións poden realizarse mediante o correo andrea.pazos.boubeta@gmail.com ou no teléfono 886 125 816.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029