Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Eventos en Bueu
Voltar
CLUB DE LECTURA CON FRANCISCO CASTRO
[Cultura] - TIPO: Presentación
LUGAR: Axencia de Lectura de Meiro
HORARIO: 20.00 horas
PREZO: Entrada libre
Será o 6 de xuño ás 20.00 horas e debaterase arredor do libro "Tes ata as dez"
O vindeiro 6 de xuño, ás 20.00 horas, a Axencia de Lectura de Meiro acollerá un club de lectura co autor e director de Galaxia Francisco Castro. O libro arredor do que se falará e reflexionará será "Tes ata as dez".

SINOPSE: Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas..., todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029