Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
PRESENTACIÓN LIBRO: HISTORIAS DE GALEGOS EXTRAORDINARIOS
[Cultura] - TIPO: Presentación
LUGAR: Sala Domínguez Búa
HORARIO: 12.00 horas
PREZO: Entrada libre
O acto será o 23 de abril ás 12.00 horas na sala Domínguez Búa
A Libraría Miranda de Bueu organiza o 23 de abril ás 12.00 horas a presentación do novo libro do bueués Salvador Rodríguez Pastoriza, titulado Historias de galegos extraordinarios. O acto terá lugar na sala Domínguez Búa e nel o autor estará acompañado de Arturo Sánchez Cidrás, ademais dunha intervención musical a cargo de Loli Omil.

SINOPSE: "O propio das xentes deste país é saírse do común", afirma o xornalista Ánxel Vence no prólogo deste libro que rescata do esquecemento un puñado de homes e mulleres protagonistas de insóliyas historias. Galegas na guerra do Vietnam ou no campo de concentración de Mauthausen comparten estas páxinas xunto a outrs que viviron fazañas excepcionais, algunhas tamén infames, en diferentes momentos históricos. Falamos de xentes tan dispares coma o fotógrafo de Gardel, a menina de Velázquez, a guerrilleira que militou xunto a Fidel Castro, o marabilloso mago mago Waldemar, o pillo Princesa de Borbón...
Percorrer de vagar estes relatos proporciona ao lector un desfile de asombros e felicidades.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029