Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
PROXECCIÓN CINECLUB BUEU: MIMOSAS
[Cultura] - TIPO: Cine
Cartel proxección Mimosas
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 21.00 horas
PREZO: 3.00 euros
A proxección será o 22 de abril ás 21 horas no Centro Social
No marco do programa Cinemas de Galicia, posto en marcha polo Concello de Bueu e o Cineclub, proxectarase o 22 de abril ás 21 horas o filme "Mimosas", de Oliver Laxe, en versión orixinal subtitulada ao galego. A cota de entrada é de 3.00 €.

SINOPSE: Unha caravana transporta a un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero morre mentres soben os escarpados cumios do Atlas marroquí. Os viaxeiros, temerosos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo ata alí. A muller do Sheikh dubida deles. Nun mundo paralelo e remoto, a Shakib elíxeno para viaxar ás montañas coa misión de axudar aos improvisados caravaneiros a chegar ao seu destino. A Shakib tamén lle veñen as dúbidas; trátase da súa primeira misión.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029