Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Deportes
Voltar
CONCENTRACIÓN MOTEIRA BUEU 2017
[Deportes] - TIPO: Festas
Cartel Concentración Moteira Bueu 2017
PREZO: 15 € entrada anticipada / 17 € na billeteira
O evento celebrarase en Bueu do 26 ao 28 de maio
O Club Moteiros do Morrazo organiza do 26 ao 28 de maio a Concentración Moteira de Bueu 2017. As inscricións custan 15 € anticipadas, e 17 € na billeteira. As actividades que están programadas para os tres días son:

VENRES
17.00 horas: apertura de inscricións que inclúe bolsa de regalo e cervexa de benvida
22.30 horas: concertos a cargo de "Asi/Si" e "Druidas"

SÁBADO
12.00 horas: apertura de inscricións que inclúe bolsa de regalo e cervexa de benvida
17.00 horas: ruta moteira con pinchada ata o Lago de Castiñeiras
19.30 horas: exhibición stunt no peirao a cargo de "Arrepiado Team"
21.00 horas: proba de decibelios e motos lentas
22.30 horas: cea para inscritos/as
00.30 horas: ruta nocturna con fachos polas rúas de Bueu, con queimada gratis á volta e festa a cargo de Dj Rubén
03.00 horas: show nocturno

DOMINGO
10.00-11.30 horas: almorzo para inscritos/as
11.30 horas: ruta moteira
12.00 horas: exhibición stunt no peirao a cargo de "Arrepiado Team"
13.00 horas: vermú e pinchos con entrega de trofeos
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029