Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Eventos en Bueu
Voltar
PROXECCIÓN CINECLUB BUEU: OS DÍAS AFOGADOS
[Cultura] - TIPO: Cine
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 21.00 horas
PREZO: 3.00 euros
A proxección será o 19 de maio no Centro Social do Mar
O Centro Social do Mar acolle o 19 de maio a proxección do filme "Os días afogados", dirixido por César Souto e Luis Avilés, no marco do programa Cinemas de Galicia, que nace da colaboración entre o Cineclub de Bueu, o Concello de Bueu e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).

SINOPSE:Despois de 20 anos sepultada baixo as augas do encoro de Lindoso (Portugal), a aldea de Aceredo (Lobios, Ourense) quedaba ao descuberto a finais de 2012 debido a baixada inesperada do nivel da presa. Do fondo
do encoro emerxían as ruínas do que foi, en tempos, un dos lugares con máis vida de toda a Baixa Limia,
unha ocasión que aproveitaron os antigos veciños de Aceredo para reencontrarse coa aldea da que foron
expulsados. Tomando como fío condutor da historia a Paco Villalonga, veciño de Aceredo que anos antes
gravara a paulatina agonía, o documental recolle os testemuños dos veciños afectados para reconstruír o
transo que supuso abandonar o lugar onde tiñan as súas raíces.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029