Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Eventos en Bueu
Voltar
ENTREGA PREMIO JOHÁN CARBALLEIRA XORNALISMO E CHARLA SOBRE A MULLER NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
[Cultura] - TIPO: Presentación
LUGAR: Sala Domínguez Búa
HORARIO: 12.00 horas
PREZO: Entrada libre
No coloquio participarán Llerena Perozo, María Obelleiro e Montse Dopico // O acto celebrarase o 21 de maio ás 12 horas na Sala Domínguez Búa
A concellaría de normalización lingüística de Bueu organiza unha charla sobre a muller e o seu tratamento nos medios de comunicación. Coincidindo coa entrega do XII Premio Johán Carballeira de Xornalismo, a editora e feminista Llerena Perozo debaterá o domingo 21 de maio, ás 12.00 horas, sobre o tratamento machista que moitas veces se dá nos medios de comunicación e que inflúen negativamente na imaxe outorgada ás mulleres. A idea nace como unha iniciativa pioneira que pretende dar a coñecer o mundo do xornalismo desde unha perspectiva de muller, coincidindo co feito de que este ano as gañadoras do XIV Premio Johán Carballeira na categoría de xornalismo sexan dúas mulleres, María Obelleiro e Montse Dopico.
O acto, que se insire na programación das Letras Galegas, celebrarase na Sala Domínguez Búa, onde tamén se preparará unha exposición con recortes de prensa arredor do tema en cuestión, e fomentarase o coloquio co público asistente. O xermolo destas charlas sobre xornalismo naceu o pasado ano, cando diversos profesionais debateron arredor do papel do xornalismo en galego, co obxectivo de darlle maior difusión ao acto de entrega do certame de xornalismo que se organiza dende o 2002 na vila bueuesa.
Llerena Perozo Porteiro ten desempeñado traballos no mundo da tradución, no teatro, o audiovisual e o protocolo, ata atopar na edición a súa devoción, sendo desde 2014 a responsable de produción en Versátil Servizos Editoriais. Feminista activa, traballa desde o ano 2001 na formación das mulleres para falar en público, estudando o seu papel na comunicación pública dende entón. Ao longo destes dezaseis anos impartiu obradoiros por todo o territorio galego, desde a Casa das Mulleres de Vigo ata A Mariña luguesa, pasando en múltiples ocasións pola libraría de mulleres Lila de Lilith, de Santiago.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029