Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Eventos en Bueu
Voltar
III BANDEIRA DE TRAINERIÑAS CONCELLO DE BUEU
[Deportes] - TIPO: Torneos
LUGAR: porto de Bueu
HORARIO: 17.00 horas
PREZO: Entrada libre
O evento terá lugar no porto de Bueu o sábado a partir das 17 horas
O vindeiro sábado, 20 de maio, o porto de Bueu vai acoller a III Bandeira de Traineriñas, unha proba que servirá de eliminatoria para o Campionato Territorial Sur de Traineriñas.
A regata desenvolverase na modalidade de en liña, en quendas lanzadas da mesma categoría cun intervalo dun minuto, e con cinco minutos entre as distintas categorías, salvo petición expresa dalgún club participante na seguinte quenda.
Establecerase como premios unha bandeira para categoría feminina e outra para categoría masculina, para o club con maior puntuación.
Segundo avanzaron desde a directiva do Club do Mar, nesta regata participarán embarcacións de toda a Zona Territorial Sur, os clubs de Amegrove CR, CR Mecos, CR Vilaxoán, CM Bueu, SD Samertolameu, SD Tirán, CCD Cesantes, CR Coruxo e CR Chapela. Ademais, o domingo, antes da final do territorial, disputarase unha regata de veteráns que contará coa participación de embarcacións do SD Samertolameu, SD Tirán, CR Chapela, CR Rianxo e CM Bueu.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029