Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Deportes
Voltar
EXHIBICIÓN-COMPETICIÓN DE DRONS DE CARREIRAS
[Deportes] - TIPO: Torneos
LUGAR: As Lagoas
PREZO: Entrada libre
O campionato celebrarase nas Lagoas os días 5 e 5 de agosto, coincidindo co Festival SonRías Baixas
O Concello de Bueu será o escenario elixido para a celebración da primeira exhibición -competición de drons de carreiras, que será a primeira fin de semana de agosto nas Lagoas. O evento arrancará o venres ás 10.30 horas cando quedará listo o trazado do circuíto, a dirección da carreira e os boxes, así como a configuración dos drons. Entre as 18 e as 22 horas dese día habería adestramentos libres e cronometrados.
O sábado, 5 de agosto, entre as 10 e as 13 horas desenvolveranse os adestramentos libres e cronometrados, coa posibilidade de diversas actividades paralelas: de 10.30 a 12.00 horas, obradoiro de iniciación ao voo de drons recreativos e deportivos; de 12.30 a 13.30 horas, mesa redonda moderada polo youtuber Rafa Cruz e participación de pilotos onde se debaterá como funciona o mundo das carreiras de drons. E xa entre as 13.30 e as 14 horas exhibiranse os voos acrobáticos e freestyle. Pola tarde, entre as 16 e as 18 horas terán lugar os adestramentos libres e cronometrados, e entre as 18.30 e as 19 horas, os voos acrobáticos e freestyle. Ademais, destacan as actividades complementarias como a charla sobre o mundo dos drons impartida por Rafa Cruz ás 18 horas, seguida dun encontro no que o youtuber interactuará co público asistente mediante entrevistas e retransmisión en directo dende a súa canle.
E xa para rematar, entre as 19 e as 21 horas, terán lugar as carreiras de drons, con clasificación, semifinal e final, e posterior entrega de premios.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029