Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades
Voltar
RUTA DAS TAPAS 5 ESTRELAS
[Turismo] - TIPO: Lecer
LUGAR: Diversos locais de Bueu
PREZO: 2.00 €
Na ruta participan 16 locais que ofrecerán as súas delicias entre o 8 e o 17 de setembro
A Concellaría de Promoción Económica organiza en colaboración co FICBUEU a segunda edición da Ruta das Tapas 5 Estrelas, que se desenvolverá entre o venres 8 e o domingo 17 de setembro coincidindo coa celebración do festival. Un total de 16 locais da vila participan desta iniciativa denominando o pincho creado para a ocasión cun nome relacionado co mundo do cine.
Os petiscos teñen un prezo de 2 euros e o horario para degustalos será de 12 a 13.30 horas e de 20 a 22 horas. Os establecementos sinalados con * teñen horario expandido ata peche de cociña.

Como novidade, será un xurado composto por directoras, directores, actrices e actores internacionais, convidados ao FICBUEU 2017, quen outorgue o Premio á Mellor Tapa. Pola súa banda, a clientela terá a posibilidade de gañar unha cea para dúas persoas. Para entrar no sorteo, deberán facerse co cupón con cinco estrelas, dispoñible en calquera dos locais, e selar cada unha delas nun local distinto, ao ir degustando as diferentes propostas.

Os locais participantes e as tapas son os seguintes:

- A Esmorga: "A viaxe de Chihiro"
- Cafetería Centro Social: "O que de verdade importa"
- Chilau: "Entre copas"
- El reloj: "A sereíña"
- La Perfecta: "Apocalypto"
- Mixtura: "Entre bateas"
- Noite Tapas: "Ao final dos sentidos"
- O Farol: "O Gran Hotel Budapest"
- O Pazo: "Memorias dunha gheisa"
- Casa Quintela: "Children of the corn"
- Rosalinda: "Mustang"
- A Cepa: "Los gozos y las sombras"
- Aturuxo BOK: "Arrebato"
- A Centoleira: "Allien. O oitavo pasaxeiro"
- Tapería Auri: "Delicatessen"
- 4 de mayo: "A contratempo"

Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029