Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
PROGRAMACIÓN FICBUEU 2017: GALA DE CLAUSURA
[Cultura] - TIPO: Cine
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 21.30 horas
A gala de clausura será o 16 de setembro ás 21.30 horas no Centro Social do Mar
O auditorio do Centro Social do Mar acolle o 16 de setembro ás 21:30 horas a Gala de Clausura do FICBUEU 2017, na que se entregarán os galardóns ás curtametraxes premiadas e se volverán proxectar as gañadoras dos premios principais.

A cerimonia estará conducida polo actor César Aldea, acompañado coa música en directo do pianista Severiano Casalderrey. Tamén contaremos coa presenza das e dos cineastas que optan aos premios e con personalidades institucionais e da industria cinematográfica.

Para este acto, a Asociación Cultural Alfombras de Corpus de Bueu engalanará o acceso ao recinto cunha alfombra floral, unha obra de arte efémero coa que lle daremos a coñecer aos nosos visitantes unha das tradicións máis arraigadas da nosa vila.

Como remate da décima edición do FICBUEU, ás 23:00 horas organizaremos unha gran Festa de Peche no exterior do Centro Social do Mar e no Punto de Encontro, onde se habilitará un espazo conxunto para que os asistentes á gala poidan compartir un tempo de entretemento. A velada contará cun pequeno ágape e estará animada coa música en directo de Tanxugueiras, grupo revelación da música tracional galega neste 2017.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029