Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
PROGRAMACIÓN FICBUEU 2017: SECCIÓN OFICIAL 4
[Cultura] - TIPO: Cine
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 19.45 / 22.00 horas
As curtas poderanse ver ás 19.45 e 22.00 horas no Centro Social do Mar
O xoves 14 de setembro continúan as proxeccións da sección oficial do FICBUEU ás 19.45 e 22.00 horas no Centro Social do Mar. Os filmes que se poderán ver son:

- Wald der echos (O bosque dos ecos): Unha adolescente, Christina, perde as súas amizades no bosque. Na súa procura, atopa o corpo de tres cativos afogados. Xogos, mentiras e rituais entrelázanse nunha espiral onde a morte perde o seu significado. Que é real e que é unha miraxe? Quen soña e quen é soñado?
- Valparaíso: Rocío está confinada nun centro de detención de inmigrantes en Roma, no que quedou embarazada. Non quere dicirlle a ninguén como ocorreu nin quen o fixo. Ela prefire permanecer en silencio.
- Srecno, Orlo! (Boa sorte, Orlo): Despois dun suceso dramático, Orlo, de sete anos, mira os seus pais consumirse pola tristeza. Nun intento de facelos felices e recompoñer a familia de novo, fai algo inesperado...
- Leni K.: “Home movie” gravada pola fotógrafa e cineasta alemana Leni Kastell durante a súa estadía de cinco meses na casa dos seus cuñados en Tierra de Campos (Castela e León), durante o ano 1945. Mentres vemos as imaxes da vida cotiá da familia e as gravacións da paisaxe, a voz anciá de Leni vainos relatando a súa historia de amor con “El Capitán” ás costas da súa cuñada. A chegada da cineasta desequilibra a vida cotiá do matrimonio.
- Le laine sur le dos (Lei de cordeiro): Dous policías paran un ancián e o seu neto no deserto de Tunes. Conducían unha furgoneta vella de camiño ao mercado para vender as súas ovellas. Para poder liberarse, terán que aceptar un trato estraño e inusual.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029