Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
PROGRAMACIÓN FICBUEU 2017: SECCIÓN OFICIAL 5
[Cultura] - TIPO: Cine
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 19.45 / 22.00 horas
As curtas poderanse ver ás 19.45 e 22.00 horas no Centro Social do Mar
O xoves 15 de setembro continúa a proxección de curtas da sección oficial que se poderán ver ás 19.45 e ás 22.00 horas. O programa para este día é o seguinte:

- Fox (Raposo): Atenas, Grecia. Unha vaga de calor. Stephanos está a traballar escoitando rap mentres a súa nai planea pasar o día fóra. Despois doutra rifa, el marcha para coidar dos seus dous irmáns pequenos e de Lucy, o can da familia que está enferma.
- Irregulars (Irregulares): Onda un decorado fabril hipnótico, un refuxiado sintetiza a crise migratoria global coas súas conmovedoras palabras.
- Bon Voyage (Boa viaxe): A compaixón dunha parella ponse a proba cando se atopan cun barco afundido de refuxiados mentres estaban nunha viaxe pracenteira polo Mediterráneo.
- Nowhere line: voices from Manus Island (As voces descoñecidas desde a illa Manus): Unha curtametraxe animada narrada por dous homes que buscan asilo, retidos no centro de detención da illa Manus, en Australia. Relatan as perigosas viaxes que lles levaron á illa e as lembranzas da revolta que desencadearon.
- Cléo: Nada tan rutineiro coma un divorcio, agás cando nin o pai nin a nai procuran a custodia dos fillos. Cléo, de dez anos, escapará do que lle parece insoportable. Sentirse abandonada é unha poderosa motivación para facelo.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029