Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
PROGRAMACIÓN FICBUEU 2017: ANIMACIÓN
[Cultura] - TIPO: Cine
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 18.00 horas
As curtas poderanse ver o xoves 14 de setembro ás 18.00 horas
O xoves 14 de setembro, ás 18.00 horas, poderase gozar da proxección de curtas de animación. Os títulos a visionar son os seguintes:

- The Empty (O baleiro): No cuarto da muller, os recordos amoréanse e desaparecen constantemente, coma o po. No mesmo cuarto, o home pasa o tempo creando xogos inútiles coas lembranzas da muller.
- Mon ange (Meu anxo): Vai tempo que Eva e o señor Corbeau senten afecto e atracción un polo outro. Pero o mundo dos humanos e o mundo animal non se poden misturar! Ou iso parece ata que, unha tardiña de outono, o pai de Eva organiza un baile de máscaras na honra da súa filla.
- Yin: Un celoso deus crea un universo no que vive unha criatura andróxina, que o propio creador separa en dous seres complementarios. Malia as trampas que coloca o atrabiliario deus, a criatura seguirá querendo encontrarse con el.
- To build a fire (Prender unha fogueira): Co gallo da celebración do centenario da morte de Jack London, o diretor Fx Goby adapta á pantalla, en forma de curtametraxe animada, a famosa novela To Build a Fire (“Prender unha fogueira”) do autor estadounidense, unha tráxica historia dun cazador e o seu can no xélido Yukón.
- Locus: Unha muller nun tren baleiro no medio da noite, soa e ansiosa por chegar a casa onda seu home e seu fillo. Cando o tren frea de súpeto, ve a través da fiestra algo que cambiará a súa vida.
- Kaputt: Baseado en entrevistas a expresidiarias, este documental animado guíanos polo cárcere de mulleres máis famoso da antiga Alemaña do Leste. Un filme sobre o encarceramento político, o traballo forzado e os altos beneficios a ambos lados do pano de aceiro.
- Oxymore (Oxímoro): Despois de varios anos, os familiares dun enfermo fan declaración dos seus sentimentos.
- Corp.: Ambición, explotación da man de obra, contaminación ambiental, degradación humana, plusvalía, corrupción e moito máis no fantástico mundo do libre mercado.


Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029