Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Actividades - Cultura
Voltar
PROGRAMACIÓN FICBUEU 2017: SECCIÓN IRMANDADE AVANCA
[Cultura] - TIPO: Cine
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 18.00 horas
A proxección será o 15 de setembro a partir das 18.00 horas no Centro Social do Mar
O FICBUEU vén de irmandarse este ano co Festival de Cine Avanca, e por iso se organiza unha proxección dalgunhas das súas curtas o venres 15 de setembro ás 18.00 horas no Centro Social do Mar. Concretamente, poderanse ver os seguintes títulos:

- Sendas: Como escapar e sobrevivir a experiencias traumáticas? Unha muller e dous irmáns dannos dúas narrativas paralelas das súas viaxes emotivas e rexeneradoras.
- A festa do noso menino Sao Gonçalinho: Francisco van der Poel (2013) fala de “festa”, do latín festa e dies festus, cuxa orixe é a palabra latina feriae (“vacacións”). Conceição Lopes (2015) fala de días de cambio, interrupción na lóxica das actividades e do traballo, de días para o culto e a celebración da vida, así como de espazos de comunicación privilexiada.
Este documental amosa o concepto claro do San Gonçalinho, venerado en Aveiro (Portugal), especificando as diversas fases vividas durante as festividades.
- Landing (Aterraxe): Personaxes metafóricas crúzanse nunha historia contada a través de xestos, corpos e lugares.
A vida, de principio a fin, coma un percorrido interrompido sempre por un conflito: a aterraxe incompleta. Esta non será, ao final, máis que a chegada a un estado de cousas, a unha inmobilidade definitiva. É o eterno conflito entre a éxtase das paixóns e a aspiración oculta á serenidade, ao equilibrio, ao conformismo e á morte.
- A felicidade mora aquí: Como unha clase de filosofía sobre a felicidade segundo Aristóteles pode ser entendida en tres escolas diferentes? E se as escolas estivesen en tres continentes distintos? A resposta está nas palabras das nenas e nenos portugueses, brasileiros e africanos.
- Your turn (Tócache): Unha muller desesperada corre polo bosque, aparentemente perseguida por un individuo. No medio da nada, atopa unha casa que semella abandonada e, alí, busca algo ou alguén coa finalidade de calmar a súa aflición. Unha descuberta sorprendente transformará as vítimas en verdugos nun xogo de espellos no que a verdade pode ser, apenas, unha ilusión.
- Foi o fío: Unha muller nobelo, unha anciá que pasa os días mirando pola fiestra e unha vendedora de roupa caída dos tendais están unidas por un fío. As tres conducen as accións de outras personaxes e o inevitable destino dunha muller co marido ás costas.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029