Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Eventos en Bueu
Voltar
BUEU TEATRO: NACIDAS LIBRES, DE CONTRA PRODUCIÓNS
[Cultura] - TIPO: Teatro
LUGAR: Centro Social do Mar
HORARIO: 21.00 horas
PREZO: 3.00 euros
TELÉFONO: 250
A obra de teatro poderase ver o 20 de xaneiro, ás 21.00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu
O 20 de xaneiro estrearase no Centro Social do Mar de Bueu ás 21.00 horas a obra de teatro "Nacidas libres", a cargo de Contra Producións.

SINOPSE: Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome.
En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais:

"A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago".

Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración…

Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029