Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
Asociación Cultural Retrouso
[Cultura]
[Lapamán, 71-B 36939 Cela (Bueu)]
Grupo de baile Retrouso no VIII Festival Retrouso
TELÉFONO: 647 607 467
Retrouso conta con grupos e escolas de baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral na parroquia de Cela. Organiza distintos festivais musicais ao longo do ano, no que destaca o Festival Retrouso, en xullo.
Retrouso naceu como grupo de baile na escola de Cela a finais do 96. No 99 constitúese como asociación. No 2000 empezan os Festivais Retrouso e no 2001 as escolas tradicionais: primeiro canto, pouco despois gaita e meses máis tarde as escolas infantís de baile.

Participa en todo o vinculado coa cultura en Cela e Bueu. Entre outras cousas, a recuperación dos cantares do Ciclo de Nadal da parroquia e concertos didácticos nas escolas do Concello, ininterrompidamente desde o 2002. Organiza excursións, celebra certames literarios, edita revistas, practica recollidas de campo...

No 2003 crea o Coro de Cela, orientado á xente maior, e no 2007 introduce clases de acordeón enfocado a pezas tradicionais.

Ademais, claro, das actuacións en toda a comarca, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Lugo, Portugal e Aragón.
Retrouso en Internet:
Youtube: www.youtube.com/retrousodecela
Facebook: www.facebook.com/retrouso
Twitter: www.twitter.com/retrouso
Grupo de gaitas Retrouso nunha actuación en Lugo
Grupo de gaitas Retrouso nunha actuación en Lugo
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029