Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Clubes Deportivos
Voltar
CLUB CORREDOIRAS
[Deportes]
[Pavillón Mpal. de Deportes de Bueu]
Escudo do club
HISTORIA DO CLUBE CORREDOIRAS

Despois de moitos anos adestrándose só, de patear e percorrer todas as corredoiras e estradas do Morrazo,coa única compaña do son dos seus pasos ao tocar o chan; e de participar a modo individual nas numerosas probas populares de Galiza, uns atletas de Bueu un día deciden unirse para compartir adestramentos e experiencias comúns.
Esta unión farase alá polo ano 1995 coa creación do CLUBE ATLETISMO CORREDOIRAS. A súa presentación oficial como clube foi neste mesmo ano na marathon de Madrid. Os seus fundadores foron: Monolo Otero (como vocal), Xosé Budiño (como vocal) Xosé Moital (vicepresidente), Xosé Manuel Juncal (secretario) e Tito Otero (presidente).
Co tempo o clube foi aumentando ata chegar a 30 corredores algúns dos cales actualmente, e despois de 15 anos competindo, acadaron grandes triunfos tanto nacionais como internacionais. Moitos destes méritos atópanse nos currículos que se amosan nas follas expostas de cada un dos atletas.
O clube tamén leva a cabo a organización e colaboración de moitas actividades deportivas do Concello de Bueu, por exemplo: todos os anos organiza a Carreira pedestre de San Martiño, tamén foi o clube que creou e organizou por primeira vez a Volta ao Morrazo por relevos. Na actualidade colabora coa organización da Milla Urbana de Bueu, coa Travesía á Ría (praia de Ancoradouro - praia de Pescadoira), cos Triathóns Concello de Bueu e cos Cross escolares que se celebran ao longo do ano.
Hoxe en día, algúns dos seus membros ademais de participar nos crosses, marathóns e medias marathóns, fan triathón como o seu presidente Tito Otero que conta con seis IRONMAN (triatlon de longa distancia), Adolfo Castro, Ricardo Verde, Roberto Riobó e Javier Santaclara, contan tamén con algún triatlón spring do Concello de Bueu.
Outros compoñentes fixeron outras probas a destacar, como é a participación na Travesía á Ría (8 km de natación), destacar a Suso Piñeiro (creador de dita proba e participante na mesma), Castor Ruibal e Tito Otero.
Tamén a maioría dos deportistas do clube participan nas probas atléticas tanto en pista cuberta como ao aire libre, acadando en moitos casos os primeiros postos na súa categoría a nivel galego (véxase o currículum de cada atleta).
Durante todos estes anos transcurridos dende a súa creación ata o ano 2010, os atletas do clube participaron nos marathóns máis prestixiosos do mundo como: Nova York, Chicago, Londres, París, Lisboa, Berlín, Amsterdam, Roterdam, Roma, Turín, Florencia, Praga, Madrid e Barcelona, entre outras.
Para rematar, dicir que todos os membros do clube invitan e animan a toda xente que normalmente entrena pola súa conta a que, se están interesados no progreso desta actividade deportiva, se poñan en contacto cos membros do clube, pois a nosa experiencia acadada durante moitos anos pode ser unha boa axuda para eles.

Ademais da páxina web, tamén nos podes atopar en Facebook: https://www.facebook.com/corredoirasbueu
Foto dos atletas do club
Foto dos atletas do club
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029