Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Clubes Deportivos
Voltar
BUEU ATLÉTICO BALONMÁN
[Deportes]
[Pavillón Municipal de Deportes]
Escudo do club
TELÉFONO: 696 205 566
TELÉFONO: 986 70 41 26
O Club Bueu Atlético Balonmán nace en 1977.
Aquel primeiro berce de doce persoas foi medrando ata acadar a dimensión actual, pero mantendo firme, dende os seus inicios, unha filosofía baseada na labor social e no traballo de base.
Nesta orde de cousas, o Club Bueu Atlético Balonmán acadou as importantes cifras de máis de 500 socios e, sobre todo, a vinculación ó Club de máis de trescentos rapaces e rapazas que practican este deporte hoxe en día a través de equipos federados en todas as categorías existentes, dende benxamíns ata seniors (tanto na modalidade masculina coma feminina).
Pero máis aló do traballo deportivo que realizan adestradores, monitores, rapaces e rapazas, o Club Bueu Atlético Balonmán realiza unha labor sociocultural salientable en todos os ámbitos da vida social do seu concello e fóra del.
Neste sentido, o Club organiza seminarios, charlas, campus, cursos, festivais, certames, excursións... e participa activamente nas actividades sociais e cívicas da súa vila.
Como pode verse, ó redor do traballo deportivo de balonmán, o Club Bueu Atlético desenvolve moitas outras actividades, que conseguiron achegar a Bueu ó Seleccionador Nacional de Balonmán (Juan de Dios Román), ó Seleccionador Nacional Xuvenil (Manuel Laguna), e incluso ó elixido mellor xogador de balonmán do mundo (Talant Dujshebaev).
Este traballo foi recoñecido en moitas ocasións, incluíndo o premio ó Mellor Club de Galicia, na modalidade de Balonmán, en tres ocasións outorgado pola Xunta de Galicia.
Pero a actividade do Clube non se limita á época de competición deportiva, senón que oferta unha serie de actividades ao longo do ano que lle fan converterse nun dos clubs deportivos de referencia na vila
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029