Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
AGRUPACIÓN DEPORTIVA FÚTBOL SALA BUEU
[Deportes]
[AVDA. MARÍN, 12 – 3ºC]
Escudo do club
TELÉFONO: 689 140 010
TELÉFONO: 629 470 468
FAX: 986 390 603
A AGRUPACION DEPORTIVA FUTBOL SALA BUEU naceu como tal o 24/05/1984 cunha clara finalidade que era a de promover todos os deportes en Bueu. O primeiro presidente foi D. Pedro Castellanos Galvis, persoa indispensable para crear toda a estrutura federativa deste deporte na nosa vila, tanto a nivel provincial como a nivel galego, e ao cal temos que agradecerlle todo o esforzo que lle dedicou a esta tarefa.
A nosa agrupación recolleu un movemento de fútbol sala que se iniciara no ano 77, cando se xogou a primeira liga en Bueu, na que participaron 5 equipos e que se disputaba nos colexios de Bueu e Beluso, únicas instalacións que existían nesa época. A característica máis importante desta competición era que cada equipo, para poder participar, estaba obrigado a crear equipos de base, o que provocou que os nenos daquela época tivesen a oportunidade de xogar e introducirse neste deporte, que era a finalidade e obxectivo principal da Agrupación.
Estas ligas foron crecendo tanto en popularidade como en participantes, o que motivou que se pensase en crear un ente (Agrupación Deportiva Futbol Sala Bueu) que reunise e centralizase todos estes equipos. No ano 1984 creouse toda a estrutura da Agrupación que xa contaba cun montante de mais de 10 equipos nunha liga local e unha estrutura de base importante con ligas en varias categorías.
Co paso dos anos a nosa agrupación converteuse no club de fútbol sala máis importante da Comarca do Morrazo e unha das mellores estruturas que ten este deporte en Galicia. Durante os seus máis de 25 anos crecemos tanto a nivel institucional como deportivo e nos últimos 10 anos convertémonos nun dos clubs con máis soleira e importancia da nosa Comunidade.
O noso club está formado por un grupo de profesionais que traballa coa ilusión de conseguir as máis altas cotas dentro do noso deporte, a par de poder ofrecer á cidadanía unha oferta deportiva seria e ampla co fin de fomentar a práctica deportiva dentro da nosa sociedade e os valores asociados á mesma.
Foto del club
Foto del club
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029