Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
ASOCIACIÓN CULTURAL BANDA DE MÚSICA ARTÍSTICA DE BUEU
[Cultura]
[CASA DA MUSICA MANUEL OMIL]
Alumnos da Escola de Música
TELÉFONO: 610871816
TELÉFONO: 635937959
No ano 1997 iníciase a labor da Asociación Cultural da B. de M. Artística de Bueu co obxecto de enraizar a música de banda popular neste concello a través da propia Banda e da Escola de Música onde se imparten clases de tódolos instrumentos da banda para
Esta Agrupación inicia a súa andaina no ano 1989, cando un grupo de amigos amantes da música popular de Bandas, contacta con D. Ricardo Trinidad Ramón, profesor de Música da “Escuela Naval Militar” de Marín, e con sobrada experiencia no eido bandístico, co obxeto de formar en Bueu, unha Banda de Música.
Iniciáronse as clases nese mesmo ano, nunha Academia de Música, sita na antiga aula de Usos Múltiples da Casa da Cultura, hoxe Biblioteca, no Ramal dos Galos, cedida polo Concello. Con posterioridade, a Academia trasládase ao que hoxe é o Centro Sociocultural “Amalia Dominguez Búa”. Actualmente a nosa sede esta na Casa da Música “Manuel Omil” sita no Valado en Bueu.
A primeira actuación da Banda de Música, baixo a direción de D. Ricardo Trinidad foi no ano 1993. Contaba con quince compoñentes, todos rapazas e rapaces do pobo, cunha enorme ilusión pola súa estrea no mundo da música. O éxito desta primeira actuación foi grande como deu testemuña o numeroso público que, coa súa presenza e cos seus aplausos, acompañou ós novos músicos.
A Banda de Música, co tempo, incrementou o número dos seus compoñentes grazas á incorporación de novos músicos formados na propia Escola creada ó efecto. Ao mesmo tempo amplíase o repertorio con pezas clásicas, adaptacións… e comézase a crear un fondo de instrumentos, propiedade da Banda, cos que empezar a tocar os alumnos.
Con posterioridade, e para axilizar as tarefas, para dar soporte económico, administrativo e organizativo, así como continuidade ao proxecto, creouse a “Asociación Cultural da B. de M. Artística de Bueu” que é quen hoxe aglutina todos os esforzos arredor do mundo da Banda de Música. Era o mes de Xaneiro do ano 1997.
No ano 2005 como prolongación da Escola de música creada orixinariamente, crease a Escola de Música de Bueu, onde baixo a direción do novo director da banda Victor Manuel López Pazos, agrúpase unha plantilla de profesores de música para atender na actualidade a preto dun cento de alumnos. Danse clases de, practicamente, todos os instrumentos que compoñen unha banda de música, ( percusión, vento-metal, vento-madeira, ... ), e doutros que non adoitan ser tan usuais, tal é o caso do violonchelo ou a guitarra.
Dende a súa creación, a Banda de Música Artística de Bueu actuou en numerosos lugares do noso entorno, sendo moi ben acollida en todos eles. Bueu, Cela, Marín, Ribadumia, Ardán, Arcade, Cangas, Carril, Pontecaldelas, Vilagarcía, Vilaboa,… son algúns dos lugares que poden dar fe do “bo facer” da agrupación. Asemade outros de fóra da nosa provincia e da nosa Comunidade, como é o caso, entre outros, de intercambios realizados con Bandas de Madrid, Granada,...
Tamén é de salientar a participación en numerosos certames e concursos, sendo o mais recente o celebrado en Cangas do Morrazo en abril de 2010 pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Dende o ano 2006 está inscrita na Federación Galega de Bandas de Música Populares.
O seu actual director é D. Víctor Manuel López Pazos, bombardino solista da Banda de Música de Pontevedra, e tamén profesor noutras Escolas de Música.
Concerto de Santa Cecilia 2010
Concerto de Santa Cecilia 2010
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029