Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Sanidade
Voltar
SATISFACCIÓN DO CONCELLO POLA EXCELENTE CATEGORÍA DAS AUGAS DAS SÚAS PRAIAS
[Sanidade]
[Do Mércores, 29 de Abril do 2015 ao Mércores, 29 de Abril do 2015]
Praia en Bueu
Praia en Bueu
Un total de trece areais foron cualificados como de auga excelente: Dorna, Lapamán, Portomaior, Loureiro, Petis, Beluso, Tuia, Mourisca, Lagos, Area de Bon, Canexol, Area dos Cans e Melide
O verán está preto e, coma todos os anos, desde a Xefatura de Sanidade da Deputación de Pontevedra, enviaron ao Concello de Bueu unha relación das praias do municipio coa nota de clasificación sanitaria das súas augas. En vista dos datos referentes ao ano 2014, a maioría das praias de Bueu aproban con matrícula de honra.
E é que as trece praias de Dorna, Lapamán, Portomaior, Loureiro, Petis, Beluso, Tuia, Mourisca, Lagos, Area de Bon, Canexol, Area dos Cans e Melide foron cualificadas cunha auga de categoría excelente. Pola súa banda, Pescadoira conta cunhas augas de calidade boa e a de Agrelo suficiente.
O alcalde da vila, Félix Juncal, manifestou a súa satisfacción polos resultados acadados, facendo especial mención aos areais de Loureiro (excelente) e Agrelo (suficiente) , xa que son dúas praias urbanas, onde é máis posible a existencia de verteduras e que partían de posicións moi negativas en canto á calidade das súas augas. “Estes positivos deixan patente a labor que nos últimos anos levamos a cabo desde o Concello, esforzándonos para acondicionar praias urbanas que partían de situacións moi complicadas, coma no caso de Loureiro”.
Juncal tamén resaltou o avance positivo do areal da Banda do Río xa que, malia non aparecer aínda nesta clasificación das mellores augas, está tendo uns controis microbiolóxicos, aos que se incorporou a mediados do ano pasado, despois de dous anos sen ser analizados debido aos altos niveis de contaminación. Desde o Concello son conscientes de que, con estas praias urbanas, “temos que estar en máxima alerta para detectar calquera vertedura que poida afectar á calidade das augas, pero con traballo conseguindo reverter esta situación”.
Sen dúbida, son uns bos resultados para os areais do municipio buenense, dos que Juncal agarda “que sexan un referente para os cidadáns da vila, pero tamén para o sector turístico, xa que é unha aposta estratéxica do Concello pola achega que fai á economía local”.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029