Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
SATISFACCIÓN DO CONCELLO POLA CONCESIÓN PARA REHABILITAR A NAVE DE DEPORTES NÁUTICOS DE PESCADOIRA
[Urbanismo]
[Do Xoves, 21 de Maio do 2015 ao Xoves, 21 de Maio do 2015]
As cubertas que se van substituir
As cubertas que se van substituir
Despois de seis anos a trámite, o Concello acaba de recibir a concesión para a remodelación e acondicionamento da nave de Pescadoira para utilizala como almacén, taller de embarcacións, e práctica de remo ademais doutras actividades
O Concello acaba de recibir a concesión por parte do Ministerio de Agricultura das obras de rehabilitación e acondicionamento da nave para centro de deportes náuticos en Pescadoira dunha superficie de 2.027 metros cadrados. Esta concesión chega un mes despois da de rehabilitación do estaleiro da Banda do Río, unha obra tamén moi agardada polo executivo buenense.
As obras teñen por obxecto a remodelación e acondicionamento dunha nave para utilizala como almacén, taller de embarcacións e práctica de remo, así como outras actividades vinculadas a este deporte. A concesión outórgase por un prazo de vinte anos, prorrogables a trinta e, como se trata de obras de dominio público, o Concello está exento do pago de canon.
O executivo de Juncal manifestou a súa satisfacción xa que “despois de seis anos xa se pechou este asunto desde o punto de vista administrativo”. Agora resta buscar financiamento para executar a obra, polo que o Concello enviou unha proposta de subvención á Deputación para a substitución da cuberta, para eliminar as filtracións e a entrada de auga nas instalacións. Tras a boa nova da concesión, que levaba en trámite seis anos, o Concello xa pode afrontar seriamente a rehabilitación das partes sobre as que non se actuou.
A nave de Pescadoira
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029