Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A PRAIA DE AGRELO XA É APTA PARA O BAÑO
[Sanidade]
[Do Xoves, 30 de Xullo do 2015 ao Xoves, 30 de Xullo do 2015]
Tras o episodio de contaminación da semana pasada, as mostraxes do 27 de xullo mostran que a auga é apta para o baño
As augas da praia de Agrelo son aceptables para o baño e non supoñen un risco na saúde dos bañistas. Así o deixa patente un informe da mostraxe recollida o 27 de xullo, tras o episodio de contaminación microbiolóxica que fora detectado o 21 do presente mes.
Así, esta praia volve ter uns niveis aceptables, concretamente de 75 NMP/100 ml de escherichia coli e 31 NMP/ 100 ml de enterococos intestinais, estando o límite da contaminación nos 1500 NMP/100 ml.0
A Consellería de Sanidade enviou este informe por fax ao alcalde de Bueu, o cal se mostra contento porque “este episodio de contaminación rematase e por poñer freo a unha circunstancia puntual”.
A praia de Agrelo, xunto coa de Loureiro, partía dunha situación moi complicada debido á súa característica de urbanidade, estando máis expostas a verquidos. Con todo, nos últimos anos, foron paliándose eses problemas e hoxe gozan de calidade de auga aptas para o baño.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029