Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
O CONCELLO COLOCA HOXE A PLACA DA RÚA STAFFAN MÖRLING
[Urbanismo]
[Do Venres, 25 de Setembro do 2015 ao Venres, 25 de Setembro do 2015]
Portada do libro de Staffan Mörling
Portada do libro de Staffan Mörling
O acto de descuberta da placa será ás 19.30 horas xunto ao bar O Muiño // Ás 20.30 horas, Staffan Mörling presenta o seu libro "Namoreime en Ons" no Museo Massó
Con motivo da presentación do libro de Staffan Mörling hoxe no Museo Massó, O Concello de Bueu aproveita a ocasión para proceder á colocación da placa na rúa que leva o nome do escritor e que tan apegado está á nosa vila. Tanto Félix Juncal como Martín Villanueva descúlpanse pola demora na colocación da placa tras tres anos e celebran hoxe ás 19.30 horas este acto, no que estará Mörling para destapar a placa na rúa que vai desde Ramón Bares á rúa de A Pedra, por onde transcorren os institutos.
Esta é unha das rúas ás que o Concello decidiu darlle o nome de personaxes ilustres de Bueu ás rúas da vila para así ter sempre presente o que fixeron a favor da nosa cultura e avance. Esta proposta foi aprobada na sesión plenaria de marco do 2012 e nela constan tamén que na urbanización de Massó se engadirían as marcas de conservasda fábrica, como Kayrel, Fígrao, Cormorán ou Ibis. Os seguintes personaxes ilustres dos que se colocarán a placa son José María Estévez e José López Cortizo, que se irán colocando nos vindeiros meses.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029