Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
A SEMANA QUE VÉN ORGANÍZANSE VISITAS GUIADAS NAS MÁMOAS DE CASTIÑEIRAS
[Urbanismo]
[Do Venres, 25 de Setembro do 2015 ao Venres, 25 de Setembro do 2015]
Visita mámoas Castiñeiras
Visita mámoas Castiñeiras
Félix Juncal visitou hoxe as obras de escavación das mámoas de Castiñeiras // A vindeira semana haberá visitas guiadas para a cidadanía e tamén se contactará cos colexios e institutos para visitas escolares // As obras rematarán a finais de outubro
O alcalde de Bueu, Félix Juncal Novas, visitou hoxe as obras de escavación das mámoas de Castiñeiras, na que aproveitou para tratar diversos temas de interese sobre a obra. Así, desde o luns ao venres da vindeira semana están pensadas visitas guiadas para todos os cidadáns e cidadás que o desexen. O horario de atención será de 17 a 18 horas. Ademais, o Concello contactará a vindeira semana cos centros escolares para propoñerlles visitas guiadas para grupos de alumnos. A rehabilitación destas dúas mámoas estase levando a cabo por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, cun orzamento de 17.000 no que tamén se conta con fondos FEDER, e consiste nunha limpeza de toda a vexetación e a recuperación do estado orixinal dos túmulos, para que as persoas poidan visitalo nas mellores condicións.
Agárdase que o traballo de campo estea rematado na semana que vén, e o peche e a colocación dos paneis interpretativos a finais de outubro. Segundo trataron Félix Juncal e o arqueólogo director, Juan Castro, vaise celebrar unha charla no Museo Massó cara a mediados de outubro da que se irá informando nas vindeiras semanas. O obxectivo desta charla é presentar as mámoas e achegalas á cidadanía, potenciando tamén que vaian visitar este monumento da época megalítica.
Traballos de escavación
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029