Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Información sobre a OMIC
Voltar
AXUDAS DO PROGRAMA REFORMA 15 PARA MELLORAS EN COCIÑAS E BAÑOS
[Oficina Municipal de Información ao Consumidor]
[Do Martes, 06 de Outubro do 2015 ao Martes, 06 de Outubro do 2015]
Logo IGAPE
Logo IGAPE
Este programa facilitará a modernización de cociñas e baños galegos // As solicitudes poden presentarse nos propios establecementos participantes entre o 6 de outubro e o 16 de novembro
A partir do próximo 6 de outubro poderán solicitarse as axudas habilitadas pola Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, enmarcadas no novo programa Reforma 15, que facilitará a modernización de cociñas e baños nos fogares galegos con rebaixas en materiais e mobles que rondarán o 40 por cento. As solicitudes deberán tramitarse a través dos propios establecementos de vendam que poden adherirse aos programa ata o vindeiro 30 de outubro e que serán os encargados de aplicar os descontos.
O importe dos materiais ou do mobiliario adquiridos ao aveiro do Programa Reforma 15 poderá oscilar entre os 1000 e os 5000 euros. A tramitación das solicitudes de axuda, xunto coa documentación xustificativa e as solicitudes de cobro realizarase nos propios establecementos, encargados tamén da aplicación do desconto.
As solicitudes das axudas poderán presentarse nos propios establecementos ata o 16 de novembro e serán resoltas pola Xunta en poucos días. Así, mediante este programa, a Xunta incentivará a renovación, por parte de particulares, de todo tipo de equipadores de cociña e baño, incluíndo produtos como mobiliario, materiais de construción ou elementos de fontanería.
A partir do 6 de outubro, colgarase o listado coas empresas colaboradores.
Para calquera consulta pode acudir á web do Igape ou senón a Oficina Municipal de Atención ao Consumidor de Bueu tamén pode asesorar neste tema.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029