Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Información sobre a OMIC
Voltar
CONVOCADAS AS AXUDAS PARA ACTUACIÓNS NAS ÁREAS DE INFLUENCIA DAS ILLAS ATLÁNTICAS
[Oficina Municipal de Información ao Consumidor]
[Do Martes, 29 de Setembro do 2015 ao Martes, 29 de Setembro do 2015]
Reunión do alcalde cos veciños e veciñas das Ons
Reunión do alcalde cos veciños e veciñas das Ons
Estas axudas permitirán a dotación de iluminación a través de paneis solares das vivendas da illa de Ons que carecen deste servizo // O prazo de presentación é dun mes a contar desde hoxe, 30 de setembro
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acaba de convocar as axudas para actuacións na área de influencia dos arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Estas axudas permitirán a dotación de iluminación a través de paneis solares a aquelas vivendas da illa de Ons que carecen deste servizo. O prazo de presentación é dun mes a contar desde hoxe, 30 de setembro
Neste sentido, poderán ser obxecto de subvención as iniciativas, tanto privadas como públicas que:

-Aposten pola modernización das infraestruturas destinadas ao uso xeral, como a mellora na subministración de auga potable, mellora na atención sanitaria a visitantes e residentes no parque, xestión de residuos, xestión enerxética, rede de saneamento e outras semellantes.
-Promovan á conservación ou restauración do patrimonio natural.
-Eliminen calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais do Parque Nacional, incluído o impacto visual sobre a percepción estética do mesmo ocasionado por infraestruturas preexistentes, como o soterramento de alxibes, mellora de fosas sépticas ou puntos limpos.
-Garantan a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e cos obxectivos dos parques nacionais.
-Potencien a conservación ou a restauración do patrimonio arquitectónico, como por exemplo: a recuperación de hórreos ou de fornos comunais.
-Divulguen e formen á poboación local os valores e a importancia do Parque Nacional, así como aquelas iniciativas que poñan en valor a recuperación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural.

Tamén se poderán financiar as iniciativas privadas destinadas á posta en marcha de prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais, como empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo - educativo, promoción de actividades en inverno; así como aquelas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, como adaptación de cubertas, arranxo de construcións anexas ou acadar as condicións esixidas para a concesión da cédula de habitabilidade, dos edificios antigos que se atopan no Parque Nacional.

Beneficiarios:
Ademais dos concellos que radican na área de influencia do Parque Nacional, tamén poderán concorrer a estas axudas as entidades empresariais e empresarios autónomos que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas, cuxa sede social ou a súa residencia estea na área de influencia socioeconómica do parque.

Tamén as persoas físicas residentes e empadroadas na área de influencia socioeconómica ou solicitantes dunha concesión da Illa de Ons; as institucións sen fins de lucro como as fundacións e asociacións, cuxa sede social estea na área de influencia e cando entre os seus fins figure conservación ou uso sostible dos recursos naturais, de protección do patrimonio histórico - artístico ou de promoción da cultura tradicional. Por último, tamén se poderán acoller as entidades de dereito público cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento ordenado destes recursos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional.

A OMIC está á disposición de todas aquelas persoas que desexen solicitar estas axudas. Máis información sobre a convocatoria e requisitos na ligazón de abaixo.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029