Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO ACHÉGASE AOS CONSUMIDORES COA CREACIÓN DA PÁXINA DE FACEBOOK OMIC BUEU
[Oficina Municipal de Información ao Consumidor]
[Do Mércores, 04 de Novembro do 2015 ao Mércores, 04 de Novembro do 2015]
Logo OMIC
Logo OMIC
A iniciativa xorde para que os usuarios e usuarias poidan interactuar coa páxina e deixar as súas suxestións en materia de consumo
O Concello de Bueu segue implementando as súas estratexias de comunicación e visibilizándose nas redes sociais. No día de onte creou unha nova páxina de Facebook, en concreto referente á OMIC Bueu, que nace “para estar máis preto dos consumidores, informando das novidades en materia de consumo que poidan ser de interese xeral”. Esta páxina súmase ás que xa ten en funcionamento o Concello, tales como a principal “Concello de Bueu”, e as específicas “Cultura e turismo Bueu” e “Aula de Natureza Cabo Udra”, que se refiren a asuntos culturais e turísticos.
A través dela a Oficina Municipal de Información ao Consumidor anima aos usuarios/as a que comenten e acheguen as súas suxestións para así coñecer de primeira man as queixas en materia de consumo.

Para os que queirades seguir a páxina en Facebook, é a seguinte: https://www.facebook.com/OMICbueu/?fref=ts
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029