Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
O CONCELLO DE BUEU AGARDA APROBAR PROVISIONALMENTE O PLAN XERAL ANTES DE FIN DE ANO
[Urbanismo]
[Do Martes, 10 de Novembro do 2015 ao Martes, 10 de Novembro do 2015]
Félix Juncal e Martín Villanueva na reunión mantida en Santiago
Félix Juncal e Martín Villanueva na reunión mantida en Santiago
O informe de Patrimonio será positivo e chegará nos vindeiros días, tal e como puideron coñecer Félix Juncal e Martín Villanueva na reunión mantida en Santiago co Conselleiro de Cultura e coa Directora de Patrimonio
O informe de Patrimonio que estaba pendente para proceder á aprobación provisional do PXOM do Concello de Bueu está case listo, e será enviado na vindeira semana. Así o puideron coñecer de primeira man o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva, na reunión mantida na mañá de onte na sede de San Caetano, co Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e coa Directora de Patrimonio, María del Carmen Martínez.
Coa chegada deste informe, do que o conselleiro e a directora xa adiantaron que será favorable aínda que cunha serie de cuestións a ter en conta, o Concello poderá darlle luz verde e proceder á aprobación provisional do plan antes de fin de ano, tal e como destacou o alcalde de Bueu. Ademais, tamén nas vindeiras semanas se agarda a chegada da memoria ambiental, outro dos documentos que faltan para que se leven a cabo os trámites de aprobación, incluíndo xa as respostas ás alegacións durante o período de exposición pública.
Unha vez que se aprobe o plan provisionalmente, será enviado ao departamento de urbanismo da Xunta de Galicia, que será o encargado de aprobalo definitivamente e de proceder á súa publicación, momento a partir do cal entrará en vigor. Juncal mostrouse satisfeito tras o resultado desta reunión, e adiantou que se baralla marzo para que Bueu conte xa cun novo plan tan agardado por todos, e que se atrasou debido á falta destes dous informes.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029