Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
OS CONCELLOS DE BUEU, CANGAS E MOAÑA ÚNENSE NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
[Sanidade]
[Do Mércores, 18 de Novembro do 2015 ao Mércores, 18 de Novembro do 2015]
Foto da rolda de prensa en defensa da sanidade pública
Foto da rolda de prensa en defensa da sanidade pública
Félix Juncal, Xosé Manuel Pazos e Leticia Santos reunironse na mañá de hoxe coas plataformas en defensa da sanidade pública de Cangas e Moaña e coa Voz do Paciente de Bueu para avogar por unha defensa da sanidade pública
Os Concellos de Bueu, Cangas e Moaña reuníronse hoxe coas plataformas en defensa da sanidade pública de Cangas e Moaña e coa Voz do Paciente de Bueu, para apoiar a defensa da sanidade pública e facer un chamamento á cidadanía na defensa do público. Así, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, referiuse á moción aprobada no pleno do 9 de novembro na que se acordou a defensa da sanidade pública, a reincorporación do Concello de Bueu á área sanitaria de Vigo nas consultas especializadas, e a defensa do Álvaro Cunqueiro como un hospital público. Juncal resaltou que a "batalla social xa está ganada, grazas á actuación das diversas plataformas" e fixo un chamamento para que os cidadáns defendan o que sempre nos pertenceu, e que sexan consecuentes nas vindeiras eleccións, xa que se debe dar o voto aos políticos que están comprometidos coa sanidade pública entre outras cuestións.
Pola súa banda, tanto Leticia Santos, alcaldesa de Moaña, como Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas, defenderon os intereses dos cidadáns e cidadás de ambos municipios, sobre todo no que atinxe á escolla de hospital e atención sanitaria. Pazos e Santos subscribiron as explicacións dadas polas representantes das plataformas da sanidade, e reclamaron o dereito que teñen os veciños de Cangas e Moaña para poder cambiarse de Povisa, de xestión privada, ao Álvaro Cunqueiro. Nese sentido, insistiron en que os que o desexen dispoñen ata o 30 de novembro para cambiar de hospital, e reiteraron a resposta das peticións feitas á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia en materia de transporte entre os concellos e o Álvaro Cunqueiro.
Nesta rolda de prensa, celebrada na mañá de hoxe entre as 12 e as 13 horas, fíxose unha explicación moi pormenorizada por parte das representantes das plataformas en defensa da sanidade de Cangas e Moaña, que deron cifras obxectivas para analizar canto nos custa a atención sanitaria en Povisa, a agresiva campaña de comunicación que está levando a cabo este centro privado, e a petición como remedio a parte dos problemas do Centro de Alta Resolución do Morrazo.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029