Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
EN FEBREIRO COMEZARÁN AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA REDE DE PLUVIAIS DE MONTERO RÍOS ATA A DÁRSENA
[Urbanismo]
[Do Martes, 29 de Decembro do 2015 ao Martes, 29 de Decembro do 2015]
Reunión sobre augas pluviais
Reunión sobre augas pluviais
Así o anunciou Félix Juncal nunha reunión celebrada este luns cos veciños e hostaleiros afectados polas inundacións deste mes // Ademais informou de diversas medidas a executar no curto prazo
Onte tamén tivo lugar a reunión cos veciños e veciñas e hostaleiros afectados polas inundacións procedentes da chuvia, en concreto da urbanización Massó e da rúa Johán Carballeira. Félix Juncal, acompañado dos concelleiros Martín Villanueva e Fidel Castro, e do Xefe do Servizo de Aqualia, explicou aos presentes a problemática das inundacións que se produciron tres veces no que vai de mes, e destacou que a vindeira semana se convidarán ás empresas para executar o proxecto de instalación dun novo colector e a ampliación da rede de pluviais ata a dársena, que xa conta coa autorización de Portos de Galicia, polo que agarda que en febreiro comecen as obras, valoradas en máis de 50.000 euros. “Estou convencido de que con esta obra, o problema que temos a día de hoxe se vai solucionar”, sentenciou o alcalde, quen resaltou tamén o “extremo coidado” co que se deben tratar as obras, por haber moitos servizos afectos nesa área.
Aínda así, e para solucionar inmediatamente algúns dos problemas destes días, vanse substituír no curto prazo as tapas pechadas por unhas abertas na rúa Johán Carballeira, ademais da ampliación de sumidoiros situados a carón do paso de peóns elevado, no que se crean grandes lagoas por mor da chuvia. No caso da Praza Massó, Juncal destacou que parte do problema pode derivar de que hai residuos de cemento, problema que atallará Aqualia nos vindeiros días, coa limpeza dos sumidoiros. Ademais, a empresa encargada do servizo das augas xa está revisando os pozos e colectores desde o hotel Incamar ata Johán Carballeira pasando por todas as urbanizacións.
As fortes trombas de chuvia caídas neste mes, incluído o día de onte, levou a que se producisen situacións deste tipo, ás que se suman que se incorporasen as urbanizacións en Massó e que un só colector soporte un aporte excesivo de augas.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029