Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A FUNDACIÓN NOVAS AXUDA AO CEIP MONTEMOGOS NA ADQUISICIÓN DE MATERIAL AUDIOVISUAL
[Ensino]
[Do Xoves, 31 de Marzo do 2016 ao Xoves, 31 de Marzo do 2016]
Acto entrega Fundación Novas
Acto entrega Fundación Novas
• O acto de entrega tivo lugar hoxe ás 13 horas no CEIP Montemogos en el estiveron o alcalde de Bueu e varios concelleiros/as do equipo de goberno
O CEIP Montemogos de Beluso acolleu hoxe ás 13 horas un acto oficial no que a Fundación Novas fixo entrega de dous cheques: un de 1500 euros para investir en material audiovisual, xa que tras o roubo no día das eleccións europeas quedaron sen cámaras nin tabletas; e o outro de 350 euros, qué corresponde á axuda para a organización da Semana Cultural do colexio. Neste acto estiveron presentes Jesús Portela, presidente da Fundación Novas, Vanesa Carballo, directora do CEIP Montemogos, Félix Juncal, alcalde do Concello de Bueu, Teresa López, concelleira de educación, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e Fidel Castro, concelleiro de relacións institucionais.
O presidente da Fundación, creada no 1993 por José Novas Regueira, aproveitou para lembrar que na actualidade se continúa a financiar o acceso a internet da biblioteca da Casa do Pobo de Beluso, onde tamén se substituíu esta semana a antiga fotocopiadora en branco e negro por unha a cor. Ademais, tamén colabora co Club Deportivo de Beluso, co Club Náutico de Beluso, co FICBUEU, entre outros.
Portela anunciou que a fundación que rexenta se poñerá como obxectivo próximo dinamizar a páxina web e relanzar e dar a coñecer máis a figura de José Regueira Novas, alma máter deste proxecto ata o 2003.
Félix Juncal mostrou o seu agradecemento por esta “colaboración coa cultura e a educación que ano a ano realiza a Fundación Novas” e refrendou o seu apoio para futuros proxectos.
A Fundación continúa traballando e mantendo o seu compromiso social e a idea primeira de José Novas: axudar na educación e no fomento de temas culturais. Neste sentido, Jesús Portela vai participar nunha charla organizada no marco da Semana Cultural na que se tratará de dar a coñecer a figura do seu tío, José Novas Regueira. Así mesmo, en próximos exercicios van tentar achegar máis ordenadores.
Acto entrega Fundación Novas
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029