Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
ALUMNADO DO CEIP A PEDRA VISITA O CONCELLO DE BUEU PARA COÑECER O SEU FUNCIONAMENTO
[Ensino]
[Do Xoves, 21 de Abril do 2016 ao Xoves, 21 de Abril do 2016]
Alumnado durante a visita á Casa do Concello
Alumnado durante a visita á Casa do Concello
Os alumnos e alumnas foron recibidos polo alcalde Félix Juncal, e os concelleiros Fidel Castro, José Cuervo e Teresa López
Alumnos e alumnas de 3º de primaria do CEIP A Pedra de Bueu asistiron hoxe ás 12.45 horas á Casa do Concello para coñecer de preto como funciona a xestión dos municipios. Para facer máis amena a aprendizaxe, o alumnado dividiuse ne grupos de traballo a modo de concellarías, nas que se lles explicou o funcionamento de cara área. Na recepción estiveron Félix Juncal, alcalde de Bueu, José Cuervo, concelleiro de facenda, Fidel Castro, concelleiro de obras e servizos, e Teresa López, concelleira de sanidade e educación.
O alumnado puido coñecer como funciona internamente un concello, como se organiza economicamente, a que gastos se debe enfrontar, como se elixe un alcalde, cales son as obras que debe realizar… e moitas máis cuestións.
Ao remate, Félix Juncal fíxolles entrega dunha figura de Sargadelos que representa o faro de Ons, tras un curioso xogo de adiviñanzas no que os alumnos e alumnas mostraron o seu coñecemento sobre estas illas buenenses.

Se queredes ver máis fotos do acto, podedes facelo acudindo á páxina de Facebook do Concello de Bueu.
O alcalde de Bueu durante a visita
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029