Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O ALCALDE DE BUEU VISITOU HOXE O CEIP MONTEMOGOS PARA LER UN FRAGMENTO DO QUIXOTE
[Ensino]
[Do Mércores, 27 de Abril do 2016 ao Mércores, 27 de Abril do 2016]
Alumnado do CEIP Montemogos durante a lectura
Alumnado do CEIP Montemogos durante a lectura
Félix Juncal leu un fragmento do libro de Cervantes, no cuarto centenario da morte deste // Estes actos serven para tratar de humanizar a figura dos políticos locais, e de achegarse aos máis pequenos, tal e como destacou o rexedor de Bueu
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, estivo hoxe ao mediodía no CEIP Montemogos, de Beluso, para ler o capítulo de "Xigantes con aspas", inserto no libro Don Quixote da Mancha, e con motivo do cuarto centenario da morte de Miguel de Cervantes. Os alumnos e alumnas do centro estiveron moi atentos/as durante a lectura deste fragmento tan coñecido por todos, e ao remate obsequiaron ao alcalde cun caderno coa figura do heroe quixotesco nas tapas.
Tal e como recoñeceu Juncal ao remate do acto, "este tipo de eventos serven para humanizarnos, e achegar a figura dos políticos aos máis pequenos, para que nos vexan como algo próximo a eles". Neste sentido, a semana pasada o alcalde e varios concelleiros/as xa recibiran na Casa do Concello ao alumnado de terceiro de primaria do CEIP A Pedra de Bueu, para explicarlles como funciona un concello por dentro e as diversas áreas de xestión dos edís municipais.
Alumnado do CEIP Montemogos durante a lectura
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029