Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU APROBA EN PLENO UN EXPEDIENTE SANCIONADOR A AQUALIA POR FALTA MOI GRAVE
[Veciños]
[Do Martes, 07 de Xuño do 2016 ao Martes, 07 de Xuño do 2016]
Pleno 6 de xuño de 2016
Pleno 6 de xuño de 2016
Ademais o groso do debate plenario estivo centrado nunha moción sobre praias caninas en Bueu e sobre a laicidade do concello
A corporación municipal de Bueu celebrou este luns o pleno correspondente ao mes de xuño, que durante o verán será a partir das 21 horas. Nel aprobouse o expediente sancionador que a alcaldía decide impoñer á concesionaria do servizo de augas de Bueu, Aqualia, debido a unha auditoría que realizou Augas de Galicia no cuarto trimestre de 2013 na que se detectaron unha serie de erros, que se lle pide á concesionaria que corrixa as deficiencias e que esta non o fai. Por este motivo, e cunha sanción económica de 6.010 euros, os grupos do BNG e SON, coas abstencións do PP e PSOE, aprobaron este expediente sancionador moi grave. Con todo, e tal e como resaltou o alcalde da vila, non é o único expediente que se lle abriu á concesionaria, aínda que esta se levou a pleno pola súa gravidade.
Houbo moitos asuntos para o debate, que partiron de varias mocións do PSdeG-PSOE, partido representado por José Vilas. A primeira foi a referente á revisión catastral no Concello de Bueu, asunto que o concelleiro de facenda, José Cuervo, explicou apelando a que a regularización catastral é un proceso que se está levando a cabo en todos os concellos do Estado desde o 2012, e que non é exclusivo da vila morracense. En canto á cuestión que tamén se incluía na moción referente á devolución da taxa de 60 euros cobrada aos veciños e veciñas, Cuervo destacou que o Concello “non pode devolver algo que non cobrou”. Finalmente, a moción foi rexeitada cos votos en contra do BNG.
A segunda, aprobada por unanimidade, foi sobre a urbanización dos viais provinciais de Meiro e A Portela. Neste senso, o goberno local insistiu en que tras as varias reunións de traballo mantidas cos responsables da Deputación, o arranxo destas dúas estradas é prioritario, e neles vaise traballar para incrementar a seguridade viaria.

Grupo de traballo sobre unha praia canina en Bueu
O grupo socialista presentou unha última moción sobre a conformación dunha praia canina no concello buenense. Os fundamentos que esgrimiu foron que é preciso adaptarse aos novos tempos e permitir que as persoas con mascotas poidan acceder aos areais. Con todo, Manuel Otero, concelleiro de deportes, e Félix Juncal, alcalde de Bueu, manifestaron que o debate debe ser longo con respecto a este tema, xa que afecta á salubridade é á sanidade pública. Por iso, aínda que a votación foi desbotada cos votos en contra do BNG, e a favor de PSdeG-PSOE, PP, e ACB-SON, o grupo de goberno propuxo a creación dun grupo de traballo para debater sobre a mellor solución e as alternativas.
O pleno culminou coa presentación dunha moción de urxencia por parte de Julio Villanueva, representante de ACB-SON sobre a laicidade do concello. O edil reclamou que os concelleiros e concelleiras da corporación non debían asistir a actos relixiosos. Tras un longo debate, varios concelleiros/as do grupo de goberno coincidiron en que en Bueu xa hai tempo que se superou este debate, xa que non hai símbolos relixiosos nos actos nin nos espazos municipais. Con todo, a moción foi rexeitada polo BNG xa que “como alcalde estou onde o pobo me pide estar”, sentenciou Félix Juncal. Ademais, a asistencia a actos relixiosos é tamén por unha sensibilidade do goberno cara as costumes culturais e sociais, polo que a moción só contou co voto a favor de ACB-SON, en contra de BNG e PP, e a abstención do PSOE.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029