Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS FOGUEIRAS PARA SAN XOÁN E SAN PEDRO
[Urbanismo]
[Do Mércores, 08 de Xuño do 2016 ao Venres, 17 de Xuño do 2016]
O prazo de solicitude para a realización de fogueiras está aberto ata o 17 de xuño // Nos arquivos adxuntos poderedes descargar o bando da alcaldía e a solicitude
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, acaba de publicar un bando para regular a existencia de fogueiras nas praias polas noites de San Xoán e San Pedro. Así, dito bando establece que queda prohibida a realización de fogueiras nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán, así como no resto dos espazos naturais protexidos do termo municipal. Ademais, só será autorizable a realización dunha fogueira por praia, previa solicitude formulada no rexistro xeral do Concello antes do 17 de xuño.
En canto ás características das fogueiras, deberán realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberá superar en ningún caso os 3 metros de alto.
Nos arquivos de abaixo poderedes descargar o BANDO DA ALCALDÍA e a SOLICITUDE.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029