Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Mocidade
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA O VERÁN DE XOGOS
[Mocidade]
[Do Martes, 14 de Xuño do 2016 ao Venres, 24 de Xuño do 2016]
O prazo de preinscrición será do 14 ao 22 de xuño e en total ofértanse 60 prazas
O Concello de Bueu abre este martes, 14 de xuño, o prazo de preinscrición para participar no Verán de Xogos, que se vai desenvolver entre o 4 de xullo e o 26 de agosto e no que poderán participar nenos e nenas nados entre o 2004 e o 2012, ambos incluídos.
As preinscricións deberán facerse na OMIX e no servizo de Turismo (aberto en horario de mañá e tarde) mediante a presentación da ficha de inscrición, que se poderá descargar na web municipal. En total ofértanse 60 prazas, que se distribúen en varios grupos: o grupo de cinco días semanais consta de corenta prazas e un custe de 70€ ao mes, o de tres días semanais inclúe dez prazas e custa 42 € e o de dous días semanais oferta dez prazas por un custe de 28 € ao mes.
Nos arquivos adxuntos podedes ver a información completa e a ficha de inscrición.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029