Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O ALCALDE RECIBE AO ALUMNADO DO IES JOHÁN CARBALLEIRA PARA TRATAR UN PROXECTO DO SKATE PARK
[Ensino]
[Do Luns, 20 de Xuño do 2016 ao Luns, 20 de Xuño do 2016]
Félix Juncal durante a reunión co alumnado do IES Johán Carballeira
Félix Juncal durante a reunión co alumnado do IES Johán Carballeira
Un grupo de seis alumnos e alumnas do centro buenense trasladáronlle ao alcalde, Félix Juncal, un proxecto para o arranxo do actual módulo e a construción dun novo
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, reuniuse na mañá deste luns cun grupo de alumnos e alumnas de segundo de secundaria do IES Johán Carballeira, para tratar un futuro proxecto de remodelación do skate park sito nas Lagoas e a creación dun novo módulo específico.
O alumnado púxose en contacto co alcalde da vila a través dunha instancia entregada en rexistro, e xa se mantivo outra reunión fai dúas semanas na que se lle trasladaron a Juncal as deficiencias detectadas neste módulo das Lagoas. Tras este encontro, o alcalde ‘encargou’ aos rapaces e rapazas a confección dun proxecto concreto, que trouxeron ben elaborado e preparado para o encontro de hoxe. Acompañados da directora e da titora, os seis alumnos/as presentaron un documento cunha serie de planos técnicos coas posibles alternativas para a remodelación da pista actual e a construción dunha estrutura nova noutra zona.
O alcalde comprometeuse a ter en conta a súa proposta de remodelación e a trasladarlle á Xunta de Galicia o proxecto para acometer as obras dunha nova pista nos terreos próximos ao instituto, os cales xa foran cedidos polo Concello ao ente autonómico para mellora das súas instalacións.
O alumnado estivo acompañado da directora do centro, Asun Soñora, e da mestra de lingua galega, Lucía Durán.

Félix Juncal durante a reunión co alumnado do IES Johán Carballeira
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029