Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
BUEU PREPÁRASE PARA A NOITE MEIGA DE SAN XOÁN COAS TRADICIONAIS FOGUEIRAS
[Urbanismo]
[Do Xoves, 23 de Xuño do 2016 ao Xoves, 23 de Xuño do 2016]
Fogueira de San Xoán
Fogueira de San Xoán
As praias de Mourisca, Ancoradouro, Tuia, Banda do Río e o parque de Xexide e A Estacada serán os escenarios das fogueiras que se prenderán hoxe en terreos públicos
A pesares do empeoramento do tempo, a maxia do San Xoán non recae. No Concello de Bueu son moitas as persoas que solicitaron a realización de fogueiras tanto en terreo público como privado.
As praias de Mourisca, Ancoradouro, Tuia, Banda do Río e o parque de Xexide e A Estacada serán os escenarios das fogueiras que se prenderán hoxe en terreos públicos. Así informou o departamento de urbanismo do Concello de Bueu, ademais de resolver as fogueiras privadas que se van poder acender nas noites de hoxe e na de San Pedro, que se celebra o 29 de xuño.
As cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no bando da alcaldía, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberá superar en ningún caso os 3 metros de alto. Ademais, están expresamente prohibidas as fogueiras nas praias co distintivo de bandeira azul (Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán) así como no resto dos espazos naturais protexidos do termo municipal.

Na ligazón inferior podes acceder ao bando da alcaldía.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029