Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O PLENO DE BUEU APROBA A SOLICITUDE DAS ALFOMBRAS FLORAIS COMO INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA
[Veciños]
[Do Martes, 05 de Xullo do 2016 ao Martes, 05 de Xullo do 2016]
O pleno aprobou a solicitude das alfombras florais de interese turístico de Galicia
O pleno aprobou a solicitude das alfombras florais de interese turístico de Galicia
Ademais tamén se aprobaron definitivamente os orzamentos xerais do Concello, e dúas mocións conxuntas dos catro grupos municipais, entre outras cuestións
As alfombras de Bueu avanzan no seu último trámite para ser declaradas de interese turístico de Galicia. Así, no pleno deste luns aprobouse o envío da solicitude á Axencia Galega de Turismo para que poida valorar a memoria dunha festa que conta cunha tradición centenaria na nosa vila, e que pasou por moitas etapas. Os trámites esixían que se aprobase a solicitude en pleno para despois avanzar no derradeiro paso.
Esta declaración suporía “un factor de atracción e dinamización turística de especial relevancia e valor”, tal e como se declara na proposta da concellería de turismo, na que tamén se lembra que no pleno de maio do 2002 se aprobou a Festa do Corpus como “Festa de Interese Local”, e en abril de 2003, acórdase solicitar á Xunta de Galicia a declaración da festa como de interese turístico galego, aínda que non se chegou a iniciar o expediente.
Foi o primeiro tema dun pleno no que tamén se aprobaron definitivamente os orzamentos do Concello, tras ser desestimadas as alegacións presentadas polo concelleiro do PSOE e un representante de UXT.
Así mesmo, o concelleiro de ACB-SON, Julio Villanueva, presentou unha moción na que demandaba maior control sobre a EDAR de Bueu, solicitude dunha auditoría medioambiental a Augas de Galicia, maiores sancións ás concesionarias, e poñer a disposición do ente autonómico os terreos para a súa ampliación. O concelleiro do goberno, Manuel Otero, salientou que a depuradora está sendo controlada periodicamente, e o alcalde destacou que a súa capacidade é para 17.000 habitantes, polo que non procedería a ampliación. Finalmente a proposta foi desbotada, e só o concelleiro de SON votou a favor.

Dúas mocións conxuntas
Fóra da orde do día, pero consensuadas en xunta de voceiros, foron dúas mocións que se presentaron ao remate do pleno de onte. A primeira era referente á solicitude de emenda para facer obrigatoria a inscrición de procedementos xudiciais de restauración da legalidade urbanística e para protexer aos adquirentes de boa fe. Esta proposta fora presentada pola Asociación Galega de Defensa Urbanística (AGADE) e suxire un cambio dun artigo da Lei do Solo e de Rehabilitación Urbana.
A segunda fai referencia ao apoio á campaña “Por un 2016 sen bloqueo a Cuba”, que presentara a Asociación Haydée Santamaría e que xa fora apoiada por unanimidade no Parlamento de Galicia. “Os últimos acontecementos políticos, coa visita do presidente de EEUU de América a Cuba deixan espazo para a esperanza no camiño de conseguir un mundo libre de guerras, no que a paz, a fraternidade, a solidariedade e a liberdade rexa a relación entre os pobos”, remata o acordo.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029