Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO PON EN MARCHA A PRIMEIRA EDICIÓN DA MOZ-ARTE CO PROTAGONISMO DAS NOVAS XERACIÓNS
[Mocidade]
[Do Martes, 05 de Xullo do 2016 ao Domingo, 10 de Xullo do 2016]
Rolda de prensa Moz-Arte
Rolda de prensa Moz-Arte
A Moz-Arte é unha mostra de arte urbana moi especial, de carácter dinámico e revulsivo dirixida aos mozos e mozas da vila // Terá lugar este domingo 10 de xullo ás 19.30 horas na Praza Massó
As concellarías de infancia e mocidade e cultura de Bueu impulsan a primeira edición da Moz-Arte, un programa de dinamización da arte entre a mocidade, e que se erixe como unha boa oportunidade para impulsar da creación como forma de comunicación. Así o salientaron na rolda de prensa de hoxe a concelleira de mocidade, Inmaculada Rodríguez, e o alcalde da vila, Félix Juncal, durante a rolda de prensa de presentación, na que estiveron acompañados do muralista Santiago Martínez e do integrante de Comediantes Anónimos, Daniel Durán Chapela.
A Moz-Arte é unha mostra de arte urbana moi especial, de carácter dinámico e revulsivo dirixida aos mozos e mozas da vila, tal e como destacou a concelleira. A idea é pois que as xeracións novas se sintan partícipes, “que saiban que contamos con elas e con eles, para que amosen o seu potencial, para darlles voz”. A cita será o domingo 10 de xullo entre as 19.30 e as 23.30 horas na Praza Massó , a modo de velada de arte en directo, estruturándose en dúas partes ben diferenciadas.
A primeira está dedicada ás artes plásticas coa intervención en directo de catro muralistas que son ou foron alumnos/as da Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña, e entre os que están o artista buenense Santiago Martínez e Ana Davila, deseñadora do cartel. Ademais, contaremos cun convidado de excepción, Luís Davila, que constitúe un magnífico espello onde a rapazada pode mirarse.
Ademais, esta “sección” inclúe unha sorpresa; xa que aqueles e aquelas que o desexen poderán participar activamente e pintar nun mural de elaboración común, no que deixar pegada da súa creatividade.
A iso das 21. 30, daremos paso á segunda parte, conformada polas artes escénicas. Será o momento da dramaturxia e os integrantes do grupo de teatro do IES Johán Carballeira, Comediantes Anónimos, poñerán a nota de humor cunha peza de Jose Luís Alonso de Santos titulada Cadros de amor e humor ao fresco, unha serie de “sketches” cuxo tema central son as relacións de parella, as infidelidades e algunhas das súas consecuencias.
Seguidamente, será a quenda de Tales of Monkeys, un grupo de Indie–Folk, tamén de aquí, da casa, que destaca especialmente pola sensibilidade do seu estilo e dos seus temas, que nacen non só da inspiración, senón tamén da formación musical dos seus compoñentes e de quen os que entenden da materia din que se lles prevé un futuro prometedor.
Cartel Moz-arte
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029