Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
MOZ-ARTE BUEU 2016
[Mocidade]
[Domingo, 10 de Xullo do 2016]
Mocidade creativa. Domingo 10 de xullo na praza Massó
19:30: A primeira está dedicada ás artes plásticas coa intervención en directo de catro muralistas que son ou foron alumnos/as da Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña, e entre os que están o artista buenense Santiago Martínez e Ana Davila, deseñadora do cartel. Ademais, contaremos cun convidado de excepción, Luís Davila, que constitúe un magnífico espello onde a rapazada pode mirarse. Esta “sección” inclúe unha sorpresa; xa que aqueles e aquelas que o desexen poderán participar activamente e pintar nun mural de elaboración común, no que deixar pegada da súa creatividade.

21:30: Artes escénicas. Será o momento da dramaturxia e os integrantes do grupo de teatro do IES Johán Carballeira, Comediantes Anónimos, poñerán a nota de humor cunha peza de Jose Luís Alonso de Santos titulada Cadros de amor e humor ao fresco, unha serie de “sketches” cuxo tema central son as relacións de parella, as infidelidades e algunhas das súas consecuencias.

22:45: Música. Concerto de Tales of Monkeys, un grupo de Indie–Folk, tamén de aquí, da casa, que destaca especialmente pola sensibilidade do seu estilo e dos seus temas, nacidos non só da inspiración, senón tamén da formación musical dos seus compoñentes e de quen os que entenden da materia din que se lles prevé un futuro prometedor.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029