Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Mocidade
Voltar
A MOZ-ARTE CULMINA A SÚA PRIMEIRA EDICIÓN CON ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E UNHA PRAZA MASSÓ RENOVADA
[Mocidade]
[Do Luns, 11 de Xullo do 2016 ao Luns, 11 de Xullo do 2016]
Nenos e nenas pintando un mural na Moz-Arte
Nenos e nenas pintando un mural na Moz-Arte
Este programa, posto en marcha polas concellarías de infancia, mocidade e cultura, incluíu pintura, teatro e actuación musical
Unha Praza Massó con imaxe renovada. Esta é a visión que experimentarán os visitantes que a partir de hoxe paseen pola céntrica praza, xa que diversos muralistas pintaron este domingo os peches perimetrais da zona pegada á Casa do Concello, no marco da organización da primeira edición da Moz-Arte, un programa de impulso da creación e da arte entre as novas xeracións posto en marcha polas concellarías de infancia, mocidade e cultura.
Con dous convidados de renome, como son Luís Davila ‘O Bichero’ e Marc Taeger, ilustrador e dirixente da libraría infantil Lobocoxo, os mozos e mozas aproveitaron esta ocasión para pintar diversos cadros nunha velada artística que comezou ás 19.30 e na que participaron tamén os máis pequenos nun mural de elaboración común, no que puideron deixar pegada da súa creatividade. Esta primeira parte da mostra de arte urbana deu paso despois á segunda parte dedicada ás artes escénicas, na que os integrantes do grupo de teatro do IES Johán Carballeira, Comediantes Anónimos, puxeron a nota de humor cunha peza de José Luís Alonso de Santos titulada “Cadros de amor e humor ao fresco”, unha serie de sketches cuxo tema central son as relacións de parella, as infidelidades e algunhas das súas consecuencias.
Para poñer o broche de ouro actuou o grupo de indie-folk morracense Tale of Monkeys, que destacan especialmente pola sensibilidade do seu estilo e dos seus temas, que nacen non só da inspiración, senón tamén da formación musical dos seus compoñentes.
Comediantes Anónimos durante a obra de teatro
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029