Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Medio Ambiente
Voltar
O CONCELLO DE BUEU NON É RESPONSABLE DA CONTAMINACIÓN DA RÍA DE PONTEVEDRA
[Medio Ambiente]
[Do Venres, 15 de Xullo do 2016 ao Venres, 15 de Xullo do 2016]
Félix Juncal e Fidel Castro durante a comparecencia
Félix Juncal e Fidel Castro durante a comparecencia
Así o demostran os informes solicitados polo Concello, nos que se conclúe que o estado da zona urbana e da EDAR cumpre coa directiva europea // O alcalde da vila fala de "contaminación política"
O veredicto é claro: o Concello de Bueu non é causante da contaminación da ría de Pontevedra xa que, aínda que se atopa nunha situación sensible por estar dentro da área da ría, os controis da depuradora municipal cumpren coa normativa. Así o destacan os informes solicitados polo Concello ao Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente e a Augas de Galicia o pasado maio en relación co procedemento sancionador 2002/2123 sobre augas residuais urbana, e que conclúen que a EDAR de Bueu cumpre coa directiva europea. Os feitos remóntanse a maio do 2001 cando se publicou a aprobación do Plan de Saneamento de Galicia para o período 2000-2015, no cal se declara como zona sensible a ría de Pontevedra, e no que se distinguen dúas zonas de aglomeración urbana: a de Pontevedra-Marín-Poio e a de Bueu. No entanto, esa declaración foi revisada en xaneiro de 2013 supoñendo un cambio para Bueu que pasou a formar parte desta última aglomeración, debido a que ten unha EDAR que verte na ría. É debido a esta circunstancia que o concello buenense se atopa nesta zona sensible da ría, e foi o motivo polo que o goberno mostrou o seu malestar e solicitou ambos informes aos organismos competentes.
No ano 2012 dáse resposta a un ditame da Comisión Europea no que se manifesta que a aglomeración urbana de Pontevedra-Marín-Poio non está conforme coa Directiva 91/271/CEE, unha situación que se vén a repetir en anos posteriores. No entanto, e tal e como manifestan os informes do Ministerio de Medio Ambiente, a zona urbana e a EDAR de Bueu cumpre coa directiva e non son responsables da contaminación da ría.
O alcalde da vila, Félix Juncal, compareceu este venres para deixar ben clara a situación da depuradora e facer fronte á “intoxicación e contaminación política que levaron a cabo desde a oposición co fin de confundir e danar a imaxe de Bueu”. Juncal revelou o contido dos informes solicitados sobre esta problemática, para “instar á oposición a que actúe con lealdade e xunto aos intereses do pobo de Bueu, e que non continúe lanzando ideas falsas sobre un tema tan importante como é o saneamento da ría”.
En ambos informes conclúese que a aglomeración urbana de Pontevedra-Marín-Poio non está conforme coa directiva, propoñéndose unha mellora na EDAR de Praceres xa que, aínda que se realizaron traballos para intentar optimizar o seu funcionamento, non se logrou paliar de todo a contaminación.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029