Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Mocidade
Voltar
UN ‘VERÁN DE XOGOS’ CUNHA PROGRAMACIÓN MOI AMPLIA NO CONCELLO DE BUEU
[Mocidade]
[Do Mércores, 10 de Agosto do 2016 ao Mércores, 10 de Agosto do 2016]
Actividade de pintura dun mural no CEIP A Pedra
Actividade de pintura dun mural no CEIP A Pedra
As actividades desenvólvense desde xullo no colexio de A Pedra e nelas participan nenos e nenas nados entre o 2004 e o 2012
Os pequenos e pequenas que participan no programa Verán de Xogos, organizado pola concellaría de infancia e mocidade de Bueu, están gozando dunha completa e variada actividade cultural. Así o demostra por exemplo a pintura dun mural estes días no colexio de A Pedra, onde se están desenvolvendo as actividades, e no que os participantes puideron demostrar o coñecemento das cores, ao tempo que fomentan a súa creatividade e reflexionan sobre valores como a convivencia e as relacións sociais. Tal e como se estipula no programa, esta primeira quincena de agosto, a temática está dedicada aos avós e avoas, os cales ensinarán sobre xoguetes, cantigas e demais tradicións.
Dende comezos de xullo, os pequenos e pequenas puideron gozar de xogos relacionados coa ciencia, rutas de sendeirismo por zonas como a senda do río Bispo, xornadas destinadas ao baile moderno e urbano, visitas á praia… E xa na última quincena de agosto, mergullaranse na diversión e na frescura dos xogos da auga, ademais dunha visita ao Club do Mar de Bueu, á Casa do Concello e a celebración do Entroido de Verán.
O Verán de Xogos é un programa de diversión, entretemento e lecer no que participan sesenta nenos e nenas nados entre 2004 e 2012 e que se celebra nas instalacións do colexio buenense de A Pedra.
Actividade de pintura dun mural no CEIP A Pedra
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029