Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Mocidade
Voltar
O CONCELLO AVENTÚRASE NA PRIMERA EDICIÓN DA GHOLIFESTA, UN EVENTO DE EXPLOSIÓN DA COR E MÚSICA
[Mocidade]
[Do Martes, 16 de Agosto do 2016 ao Martes, 16 de Agosto do 2016]
Cartel Gholifesta
Cartel Gholifesta
O evento desenvolverase o sábado 20 de agosto a partir das 12 horas na Banda do Río // O actor cangués Miguel Ángel Blanco será o encargado de animar esta xornada de música, baile e moita cor
A concellaría de infancia e mocidade de Bueu, rexentada por Macu Rodríguez, organiza para a vindeira fin de semana un dos eventos estrela deste verán, a Gholifesta, unha explosión de cor que encherá de festa a zona da Banda do Río, emulando o festival da primavera ‘Holi’ que se organiza nos países hindús, e que se coñece polas súas cores e por ser a festa do amor. Bueu súmase este sábado con este evento, que será presentado polo actor cangués Miguel Ángel Blanco, coñecido como Miguelho Blanco, quen animará esta xornada na que haberá bailes, música e moitos pos de cores, nun programa que se dirixe principalmente á adolescencia e que relaciona esa orixe coa nosa identidade.
A programación iníciase en torno ás 12.15 horas cunha exhibición de zumba a cargo de Cardio Salud Bueu, e ás 13.15, o grupo de Baile Tribal e Bollywood, dirixidos pola canguesa Margarita Outeiral, presentarán o seu espectáculo. Tras un descanso para comer, ás 16 horas, terá lugar a sesión de DJs a cargo de Colectivo Matadero, coa explosión de cor, e ás 18 horas, poderase gozar dun directo do grupo de Bueu Dragon Wave.
A organización decidiu organizar un pack conmemorativo do evento, que ten un custe de 8 euros, e que consta de mochila con logo de evento, camiseta branca e catro bolistas de pos de cores.
A Holi é un evento orixinario da India, Nepal e outras rexións hindús, aínda que nos últimos anos se veu exportando a algunhas partes de Europa e América do Norte.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029