Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Mocidade
Voltar
O CONCELLO RECIBE AOS NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN NO VERÁN DE XOGOS
[Mocidade]
[Do Venres, 19 de Agosto do 2016 ao Venres, 19 de Agosto do 2016]
Visita nenos e nenas Verán de Xogos ao Concello
Visita nenos e nenas Verán de Xogos ao Concello
Os máis de sesenta nenos e nenas acudiron hoxe á Casa do Concello para coñecer de preto como funciona esta institución
Os pequenos e pequenas que participan no programa Verán de Xogos, organizado pola concellaría de infancia e mocidade de Bueu, están gozando dunha completa e variada actividade cultural. Hoxe tocoulles unha visita á Casa do Concello, onde a concelleira Inmaculada Rodríguez os recibiu cun xogo interactivo moi ameno e co que puideron coñecer o máis salientable do patrimonio da vila e o funcionamento do Concello.

O programa de Verán de Xogos está activo desde inicios de xullo, e no seu programa consta de actividades relacionadas coa ciencia, rutas de sendeirismo por zonas como a senda do río Bispo, xornadas destinadas ao baile moderno e urbano, visitas á praia… E xa na última quincena de agosto, mergullaranse na diversión e na frescura dos xogos da auga, ademais dunha visita ao Club do Mar de Bueu ou a celebración do Entroido de Verán. Nel participan nenos e nenas nados entre 2004 e 2012, e celébrase nas instalacións do colexio buenense de A Pedra.
Visita nenos e nenas Verán de Xogos ao Concello
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029