Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A ESCOLA GALIÑA AZUL DE BUEU INICIA O CURSO COA POSTA A PUNTO DE VARIAS OBRAS
[Ensino]
[Do Luns, 05 de Setembro do 2016 ao Luns, 05 de Setembro do 2016]
Visita Escola Infantil Galiña Azul
Visita Escola Infantil Galiña Azul
Coincidindo coa xornada de portas abertas, os responsables locais e autonómicos realizaron un repaso polas obras feitas
Na mañá deste luns, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a concelleira de educación, Mª Teresa López, acudiron á Escola Galiña Azul de Bueu, acompañados pola delegada territorial en funcións, Ana Ortiz, e do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para visitar as obras de acondicionamento neste centro.
Coincidindo coa xornada de portas abertas, os responsables locais e autonómicos realizaron un repaso polas obras feitas, que van desde a canalización e incorporación de dúas baixantes máis realizada para reducir a auga que se acumulaba nas entradas, ata a modificación da escaleira que baixa desde a estrada e que agora é antideslizante.
Salientable tamén foi a construción de dúas pequenas reixas de ventilado no almacén, no que se acumulaba moita humidade, e que agora pasará a estar máis aireado. Por último, procedeuse ao pintado de todos os zócalos do centro.
A Galiña Azul de Bueu, sita no lugar do Balado, está en funcionamento desde o ano 2009 e nela están escolarizados 54 nenos e nenas divididos nunha aula de 0-1 anos, noutra de 1-2 e noutras dúas de 2-3 anos.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029